Fai uns días que Maestro pasou polo estudio. Estes rapaces foron, xunto a Lau, gañadores do Concurso de Bandas Emerxentes Outra+Outra 2019, certame organizado por Estudios Mans coa colaboración da Deputación da Coruña.

Como segundo clasificado na audición celebrada na Sala Malatesta, Maestro chegou á sala de grabación para deixar o seu talento nun single co seu correspondente vídeo que poderedes disfrutar dentro de pouco. Prestade atención, porque eles saben plasmar o seu bo gusto pola música de calidade. Ata pronto, Maestro!✋🏻

¡Comparte este contenido en tus redes!

Si tu también quieres grabar con nosotros, ponte en contacto ahora