Día 1 | A Romaría de MansChegou o día, chegou a romaría. Hoxe comezamos o novo proxecto Mans Xuntanza Creativa. Unha residencia artística na que tres artistas emerxentes galegos andan na procura da reinterpretación da música galega. As bandas encargadas de esta misión son Belem Tajes, Sofía Espiñeira que ven acompañada de Guillermo, e de Toño e Fernando de Los Jinetes del Trópico e entonarán unha visión actual das nosas raíces.

Hoxe chegaron temprano para coñecerse e poñer en común as súas visións. Entre todos, fixeron unha tormenta de ideas para encauzar o tema, e entre risas encheron a pizarra de palabras inspiradas na tradición e na nosa cultura. Despois de exponer moitas ideas, e traballar xunto as guitarras, comenzou a soar o que será o primeiro tema de Mans Xuntanza Creativa.

Por outro lado, estamos a preparar unha sorpresa para que poidades disfrutar nas vosas pantallas moi pronto e disfrutedes con nós deste proceso.

Un saúdo e ata mañá!

#aculturasegue[vc_video link=»https://youtu.be/zU2n24rTX08″]

¡Comparte este contenido en tus redes!