Información básica sobre protección de datos

Responsable do tratamento

FUNDACIÓN PAIDEIA GALIZA, entidade sen ánimo de lucro, declarada de interese galego por Orde do 28 de setembro de 2001 e inscrita no Rexistro Único de Fundacións de Interese Galego da Xunta de Galicia co número 2001/27, cuxos datos completos son os seguintes:

  • Enderezo: Praza María Pita 17 – 15001 A Coruña
  • CIF: G15798655
  • Tfno.: 981223927
  • E-mail: paideia@paideia.es

Finalidades

  • Xestionar a súa alta como cliente/usuario da Fundación Paideia Galiza e das súas entidades dependentes (Centro Mans, Estudos Mans)
  • Prestarlle o servizo solicitado.
  • Xestionar, manter e controlar a relación contractual mantida con vostede.
  • Mellorar a calidade do servizo ofrecido pola Fundación Paideia Galiza e avaliar a súa satisfacción.

Lexitimación principal

Os seus datos persoais serán tratados principalmente para xestionar a relación contractual mantida con vostede, en execución dun contrato.

Destinatarios

  • Espazos de traballo e centros da Fundación Paideia
  • Autoridades públicas, reguladores ou órganos gobernamentais ou xurisdiccionais nos supostos en que sexa necesario facelo por lei, normativa local ou no cumprimento de obrigas regulamentarias

Dereitos

Informámoslle de que, de acordo coa lexislación vixente, vostede ten dereito a exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, así como o dereito de supresión, limitación do tratamento e portabilidade dos seus datos, acreditando a súa identidade (mediante copia do DNI ou equivalente) na seguinte dirección: Praza María Pita 17 – 15001 A Coruña

Tfno.: 981223927

E-mail: paideia@paideia.es

Se considera que a Fundación Paideia Galiza non respectou algún dos dereitos anteriormente mencionados, vostede terá dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia Española de Protección de Datos, Rúa Jorge Juan, 6, 28001 Madrid.

 

Importación de datos de redes sociais

Cando o Usuario conecte a súa Conta con redes sociais externas (ex. Facebook, Youtube, Instagram, etc.), a Fundación Paideia Galiza recibirá e almacenará automaticamente os datos públicos que consten no seu perfil. Por isto, recomendamos que lea detidamente a política de privacidade da rede social desde a que se vaian importar os datos.

A activación e uso de redes sociais externas das que o Usuario é membro a través da Fundación Paideia Galiza, así como a posibilidade de realizar a importación de datos desde as mesmas á súa Conta, implica a súa identificación e autenticación na rede externa da que se extraerán os datos anteriormente especificados. A Fundación Paideia Galiza recomenda que o Usuario revise as condicións de uso e a política de privacidade das redes das que vaia importar datos.

En calquera caso, o Usuario deberá ter en conta que ao acceder a estas redes sociais, está a saír do entorno da Fundación Paideia Galiza para acceder a un entorno non controlado pola Fundación Paideia Galiza. En consecuencia, a Fundación Paideia Galiza non asumirá ningunha responsabilidade polas posibles vulneracións de seguridade destes entornos.

Unha vez que os datos foran importados e incorporados á súa Conta, os seus datos serán tratados coas finalidades descritas nesta Política de Privacidade e a Fundación Paideia Galiza garantiralle a adopción das medidas de seguridade conforme á normativa aplicable, así como aquelas que, de modo dilixente, a Fundación Paideia Galiza decida implantar, sen que en ningún caso se lle poida requirir o establecemento de medidas de seguridade non esixidas por lei.

 

Campos de texto libre

Os campos de texto libre que, á disposición do Usuario, poidan aparecer no Sitio Web ou nos formularios teñen como única e exclusiva finalidade recoller información para mellorar a calidade dos Servizos.

No caso de que o Usuario facilite a través dos seus comentarios datos de ideoloxía, crenzas, relixión, afiliación sindical, saúde, vida sexual ou orixe racial, os cales non son solicitados en ningún caso por este medio pola Fundación Paideia Galiza, a aceptación da orde de envío dos seus datos supón —e así o declara o titular dos devanditos datos— un consentimento expreso para o tratamento por parte da Fundación Paideia Galiza destes datos.